Maceteiros

Chegado o momento de traspasar todas as landras á terra, a colaboración dos alumnos foi de vital importancia. Por un lado precisábanse unha enorme cantidade de envases de leite, que actuasen coma maceteiros, e por outro, a man de obra para levalo a cabo.

Alumnos de primaria

Alumnos de secundaria

Alumnos de bacharelato

 

Por indicación de Oliver Weiss, enxeñeiro agronomo e pai de unha alumna do colexio, levamos as landras plantadas á terraza para que recibisen o sol directo dende o primeiro momento.

Tivemos representación tanto de primaria coma secundaria, e incluso os de bacharelato deixaron aparcados durante uns intres os seus estudios para colaborar, tanto no plantado das sementes, coma no seu traslado ata a terraza do centro.

Landras custodiadas polo noso moucho, para que as gaivotas non se den un festín

Aquí permanecerán os nosos carballos, custodiados polo noso moucho Moncho, cortesía de Gregorio Rosende, ata que por fin chegue o momento de levalos ó monte.

Van medrando gracias ós coidados de toda a comunidade educativa.

 

Carballo que “Progresa Adecuadamente”

 

Comentarios cerrados.