Recollida

No fatídico día 15 de outubro os arredores de Vigo comezaron a arder. Esta historia xa está moi documentada, pero días despois da vaga de lumes algunhas persoas comezaron a pensar que o traballo non estaba feito, senon que acababa de comenzar.

Moitos dos nosos alumnos desexaron unha inmediata acción, non recomendada polas autoridades medioambientais. Nesas condicións xurdiu a idea de unha acción a máis longo prazo.

Incendios vistos dende a cidade olívica

 

O lume estragara miles de hectáreas da nosa cidade, o monte por si só, ten capacidade de recuperación, pero imos votarlle unha man.

Todo comezou co traballo de recollida de landras. En poucas semanas recolectamos unha gran cantidade de semente, do que sería a base do noso proxecto.

O traballo de clasificación foi esencial, non todas a landras son válidas para seren xerminadas. Algunas xa estaban a medio comer polos depredadores naturais. Con un método moi sinxelo consistente en mergullalas en agua. As que flotan desbotanse, soamente son válidas as que permanecen no fondo. Despois de lavalas extendense entre papeis absorbentes que manterán a humidade necesaria para a xerminación, pulverizandoos con agua regularmente.

landras clasificadas, listas para a xerminación

Comezaba o seguinte dos procesos na nosa aventura, lograr a xerminación das landras nos nosos laboratorios.

 

 

 

Comentarios cerrados.